Predominio da influencia anticiclónica durante esta xornada continuando a circulación do nordés de días anteriores. Con esta situación, agárdanse ceos pouco anubrados ou despexados en xeral, con máis nubes no norte de Lugo, onde se rexistrarán precipitacións febles e ocasionais, de neve por riba dos 500 metros. As temperaturas estarán sen cambios ou en lixeiro ascenso con xeadas no interior da Comunidade. Os ventos soprarán do nordés, moderados con intervalos fortes no litoral; frouxos no interior.
Ceos pouco anubrados ou despexados en xeral, con máis nubes no norte de Lugo, onde se rexistrará algunha precipitación feble e ocasional, de neve por riba dos 500 metros.
Temperaturas sen cambios ou en lixeiro ascenso; xeadas no interior da Comunidade.
Ventos do nordés moderados con intervalos fortes no litoral da Coruña; frouxos no interior.
| Localidade | Temperatura Máxima | Temperatura Mínima |
|---|---|---|
| Ferrol | 12ºC | 6ºC |
| Fisterra | 12ºC | 4ºC |
| Santiago | 11ºC | 3ºC |
| Monforte | 10ºC | -2ºC |
| Lugo | 10ºC | 1ºC |
| Ribadeo | 9ºC | 5ºC |
| Viveiro | 8ºC | 4ºC |
| Ourense | 12ºC | -1ºC |
| Verín | 11ºC | -2ºC |
| Lalín | 9ºC | -3ºC |
| Pontevedra | 14ºC | 3ºC |
| Vigo | 14ºC | 4ºC |
| Vilagarcía | 13ºC | 5ºC |
| A Coruña | 12ºC | 6ºC |
Un día máis Galicia continúa baixo a influencia anticiclónica. Deste xeito teremos en xeral un día moi soleado con nubes de estancamento no norte de Lugo que deixarán algunha precipitación en forma feble e ocasional; a cota de neve manterase nesta zona en torno ós 500 metros. As temperaturas non terán cambios significativos; as xeadas serán novamente xeneralizadas no interior. Os ventos soprarán do nordés, moderados no litoral, con intervalos fortes nos arredores de Fisterra; frouxos no interior.
Ceos pouco nubosos ou despexados, con nubes de estancamento no norte de Lugo que deixarán algunha precipitación en forma feble e ocasional; a cota de neve manterase nesta zona en torno ós 500 metros. No resto de Galicia o predominio seguerá a ser de ceos despexados.
Temperaturas sen cambios significativos; xeadas xeneralizadas no interior.
Ventos do nordés, moderados no litoral, con intervalos fortes nos arredores de Fisterra; frouxos no interior.
| Localidade | Temperatura Máxima | Temperatura Mínima |
|---|---|---|
| Ferrol | 12ºC | 5ºC |
| Fisterra | 12ºC | 4ºC |
| Santiago | 11ºC | 2ºC |
| Monforte | 10ºC | -2ºC |
| Lugo | 10ºC | 0ºC |
| Ribadeo | 9ºC | 5ºC |
| Viveiro | 8ºC | 4ºC |
| Ourense | 12ºC | -1ºC |
| Verín | 10ºC | -3ºC |
| Lalín | 9ºC | -2ºC |
| Pontevedra | 14ºC | 4ºC |
| Vigo | 14ºC | 5ºC |
| Vilagarcía | 13ºC | 4ºC |
| A Coruña | 12ºC | 5ºC |
As altas presións continuarán un día máis estacionarias ó norte das Illas Británicas, deixando o ceo con intervalos de nubes medias e baixas na metade norte e máis despexado no sur; no norte de Lugo teremos posibilidade de precipitacións febles e ocasionais que serían de neve por riba dos 600 metros de altura. As temperaturas non terán cambios, polo que continuarán a ser baixas e novamente se rexistrarán xeadas xeneralizadas no interior. Os ventos soprarán do nordés, moderados no litoral, con intervalos fortes pola tarde na Costa da Morte e algo máis frouxos no interior.
Intervalos nubosos na metade norte e ceos máis despexados no sur; no norte de Lugo teremos algunha precipitación ocasional, manténdose a cota de neve nos 600 metros durante toda a xornada.
Temperaturas sen cambios significativos; xeadas xeneralizadas no interior.
Ventos do nordés, moderados no litoral, con intervalos fortes pola tarde na Costa da Morte e algo máis frouxos no interior.
| Localidade | Temperatura Máxima | Temperatura Mínima |
|---|---|---|
| Ferrol | 12ºC | 6ºC |
| Fisterra | 12ºC | 4ºC |
| Santiago | 11ºC | 2ºC |
| Monforte | 10ºC | -2ºC |
| Lugo | 9ºC | -1ºC |
| Ribadeo | 9ºC | 5ºC |
| Viveiro | 8ºC | 4ºC |
| Ourense | 12ºC | -1ºC |
| Verín | 10ºC | -2ºC |
| Lalín | 9ºC | -2ºC |
| Pontevedra | 14ºC | 4ºC |
| Vigo | 14ºC | 4ºC |
| Vilagarcía | 13ºC | 4ºC |
| A Coruña | 12ºC | 6ºC |
Durante esta xornada teremos unha situación semellante ás anteriores, coas altas presións situadas ó oeste de Irlanda. Isto deixará novamente un tempo soleado con nubes de estancamento no norte de Lugo e A Coruña. As temperaturas non terán cambios significativos polo que novamente haberá xeadas en comarcas do interior. O ventos soprarán do nordés, moderados no litoral e frouxos no interior.
Ceos pouco nubosos ou despexados, agás no norte de Lugo e A Coruña onde teremos nubosidade de estancamento.
Temperaturas sen cambios significativos; xeadas en comarcas de interior.
Ventos do nordés, moderados no litoral e frouxos no interior.
| Localidade | Temperatura Máxima | Temperatura Mínima |
|---|---|---|
| Ferrol | 12ºC | 5ºC |
| Fisterra | 12ºC | 4ºC |
| Santiago | 11ºC | 2ºC |
| Monforte | 10ºC | -1ºC |
| Lugo | 9ºC | 0ºC |
| Ribadeo | 10ºC | 4ºC |
| Viveiro | 9ºC | 3ºC |
| Ourense | 12ºC | -1ºC |
| Verín | 10ºC | -3ºC |
| Lalín | 9ºC | -2ºC |
| Pontevedra | 14ºC | 4ºC |
| Vigo | 14ºC | 4ºC |
| Vilagarcía | 13ºC | 4ºC |
| A Coruña | 12ºC | 5ºC |