Unha cita coa cervexa artesá na contorna da Seca, en Poio

Alfredo López Penide
L. Penide POIO / LA VOZ

POIO

Ramón Leiro

27 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Ao longo deste sábado, Poio gozará na Seca da segunda e derradeira xornada do que é o primeiro Festival de Cervexa Artesá, que organizan Aciga e a cervexa local Meiga coa colaboración do Concello de Poio. Esta iniciativa «pretende poñer en valor a cervexa artesá galega» da man dos principais fabricantes, caso da firma local Meiga ou de Aquelarre, Madroa, Píntega e Menduíña.

Nesta xornada, a carpa abrirá ás 12.30 horas e Morgadance actuará unha hora despois. Pola tarde, cata de cervexas ancestrais impartida por Juan P. Ferreiros (Píntega), mentres que a partir das 21 horas comezará a entrega de premios e desenvolverase un sorteo. Dende as 22 horas, concerto de Four Passengers.