Ourense acollerá en maio un encontro europeo de guionistas

G. N. REDACCIÓN / LA VOZ

OURENSE CIUDAD

César Fernández, primero por la derecha en la foto, y Jacobo Sutil, a su lado, en la presentación del programa con otros de los participantes
César Fernández, primero por la derecha en la foto, y Jacobo Sutil, a su lado, en la presentación del programa con otros de los participantes JORGE J_MARTINEZ

O obxectivo do encontro é fomentar a internacionalización do sector audiovisual

22 ene 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Os guionistas galegos poderán participar nas sesións abertas que se desenvolverán en Ourense do 30 de maio ao 5 de xuño no marco do European Writers Club, programa que brinda oportunidades de internacionalización para o audiovisual mediante a relación directa de creadores de contidos con executivos de televisión, produtoras e distribuidoras de 40 países. A Xunta é socia principal neste programa financiado pola UE cun millón de euros, acompañada pola entidade Vision Denmark e a SGAE como institución colaboradora en representación de España.

No Centro Cultural Marcos Valcárcel, onde se presentou esta actividade, o vicepresidente segundo, César Fernández, agradeceu ao director de Agadic, Jacobo Sutil, a elección de Ourense como sede galega do taller. Trasase dun «importante apoio a ese universo audiovisual ourensán que non deixa de medrar». O responsable da Axencia Galega de Industrias Culturais explicou, pola súa parte, que «o proxecto facilitará un espazo común no ámbito europeo para que os produtos resultantes poidan competir con maior facilidade nas plataformas VOD e na conquista de audiencias globais, contribuíndo á creación de series de ficción que crucen fronteiras», segundo explica un comunicado difundido pola Xunta.

Esta iniciativa ten como «obxectivo principal» o de «acelerar o proceso que vai da idea ao mercado, potenciando os temas e contidos locais con capacidade de recepción universal». Para conseguilo, o European Writers Club proporcionará soporte e medios a unha rede internacional. Así pois, tralos encontros xa realizados en Copenhague e Tallin, Cork, en Irlanda, será o destino da vindeira cita desta comunidade antes da súa parada en Galicia.