O outro 17M

Xavier Alcalá
Xavier Alcalá A VOO DE TECLA

OPINIÓN

Contacto / Onur Dogma | EUROPAPRESS

24 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Sendo o 17 de maio o Día das Letras Galegas e co enguedello das eleccións, o Día Mundial das Telecomunicacións e a Sociedade da Información pasou sen o teren en conta apenas máis que os colectivos profesionais das TIC. Porén cunha ollada ao que está a suceder nestas xornadas logo se ve que nunca tanta telecomunicación se usou para achegar mensaxes dos candidatos aos electores, dos candidatos entre eles e dos votantes aos que se postulan. Nunha sociedade democrática, a electrónica, as redes de telecomunicación e a informática fan posible que medios escritos aparezan en formatos de papel e para a web, e que radio e televisión exerzan o seu bombardeo punto-multipunto con resposta textual e audiovisual da audiencia polos dispositivos móbiles. Velaí como a liorta se trasladou ás redes sociais. Sígase o que se está xerando acotío en Facebook, Twitter, Instagram e mesmo en TikTok. Ante o feito electoral desapareceu a especialización destas plataformas de comunicación: todo vale.

Cada outro 17M conmemórase a fundación da Unión Internacional das Telecomunicacións e o Convenio Telegráfico Internacional, nada en 1865. O seu lema para 2023 é «empoderar os países menos desenvolvidos por medio das TIC: hoxe non todos os pobos viven na sociedade da información, que facilita gozar da democracia.