O desdobramento do corredor e a rexeneración da ría, eixos do acto do BNG en Noia

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

Agustina Cortés, Francisco Jorquera e Ricardo Suárez, no acto do BNG en Noia
Agustina Cortés, Francisco Jorquera e Ricardo Suárez, no acto do BNG en Noia

Francisco Jorquera, Agustina Cortés e Ricardo Suárez deron a conocer as propostas da formación

11 feb 2024 . Actualizado a las 05:10 h.

O BNG acolleu onte un acto político en Noia no que estiveron presentes o voceiro da formación na Coruña, Francisco Jorquera; a candidata ao Parlamento galego Agustina Cortés e o voceiro dos nacionalistas no municipio, Ricardo Suárez. Tanto Jorquera como Suárez fixeron fincapé na necesidade de que se acometa o desdobramento do corredor e de que se leve acabo a rexeneración da ría de Muros-Noia.

Neste sentido, Francisco Jorquera fixo un paralelismo entre a rexeneración da ría do Burgo, conseguida polo BNG, como exemplo do que pode levarse a cabo na bisbarra.

Pola súa banda, Ricardo Suárez incidiu no feito de que Galicia é a principal produtora de electricidade e, sen embargo, iso non repercute nunha baixada do prezo para os cidadáns. Ao mesmo tempo, criticou o pouco control sobre as eléctricas. Neste sentido, referiuse ao baleirado dos encoros e ao feito de que foron unha das causas da importante mortaldade do molusco dos bancos de Noia.

Tamén abordou o nacionalista noiés a necesidade de traballar para mellorar a competitividade das empresas.

A intervención de Agustina Cortés estivo ligada á situación da sanidade pública e a necesidade dun plan de rescate da atención primaria.