O noso debate

Carlos H. Fernández Coto
Carlos H. Fernández Coto SECCIÓN ÁUREA

BARBANZA

Patrimonio barbanzano.Cruceiro de Abuín, en A Pobra.
Cruceiro de Abuín, en A Pobra. CARMELA QUEIJEIRO

23 ene 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

lector desta columna sabe que non se tocan cuestións políticas, nin se mete en fonduras que non controla o autor. Pero neste caso é para sinalar un día histórico no que unha asociación humilde como Apatrigal organiza un debate político, previo ás eleccións autonómicas, o primeiro que se fai sobre as políticas en materia de patrimonio, polo que ao final non deixa de ser un debate sobre patrimonio.

Conseguiuse que as seis formacións políticas con máis votos en comicios anteriores se senten nunha mesa a debater e propoñer políticas para a protección, preservación e conservación do patrimonio galego, cun horizonte de 25 anos, que tampouco é común entre os políticos, que miran todo no horizonte de catro anos.

Un prestixioso moderador poñerá contra as cordas aos principais partidos políticos para que nos digan que pensan facer co patrimonio da rexión máis rica en bens culturais, coa renda máis baixa e problemas de despoboamento. Sen xente non hai patrimonio, é a máxima que sempre digo. Se a señora María non lle limpa as herbas ao cruceiro antes de que medren, e se o cura non vive na reitoral, o tellado pódese vir abaixo.

Hai tantos retos e necesitamos tantas solucións que decidimos convocar aos políticos para crear esa inquedanza e ao mesmo tempo que nos expresen cales son as súas ideas de como conservar todo este legado. O acto é público, e pese a ser retransmitido polas redes, calquera pode achegarse ao lugar e formular aos propios políticos preguntas puntuais, na xusta medida, das súas dúbidas na materia. Os debates comúns esquecen a cultura e o patrimonio.