Richter

Carlos H. Fernández Coto
Carlos H. Fernández Coto SECCIÓN ÁUREA

BARBANZA

Un miembro de Protección Civil de Marruecos inspecciona unas ruinas en Marrakech.
Un miembro de Protección Civil de Marruecos inspecciona unas ruinas en Marrakech. JALAL MORCHIDI | EFE

12 sep 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

sismo de Marrocos non nos deixa indiferentes porque bate máis próximo a nós do que estamos afeitos. Gran parte dos tremores quédannos a miles de quilómetros, polo que permanecemos illados do que son catástrofes. O recente de Turquía quédanos próximo dentro do planeta.

Charles Richter foi un dos dous que deseñaron unha escala valorativa da magnitude dos tremores de terra, que se corresponde co logaritmo da medida das ondas sísmicas, que para o recente tremor resultou ser de magnitude sete, unha auténtica brutalidade para a área abatida.

Sismo é un movemento brusco dalgún punto da codia terrestre orixinado por fenómenos do interior do planeta, co que ultimamente andamos xogando en exceso. Con todo, e pese a que este home puxo a escala hai pouco máis de cen anos, temos noticias de sismos dende moito antes.

Velaí está moi presente nas nosas vidas o terremoto de Lisboa de 1755, que fixo que as pedras do mosteiro de Montederramo se separasen e houbera que reforzalo, aínda hoxe ten un sistema de detección de novos tremores, con seguimento permanente das diferenzas entre distintos elementos do monumento.

Hai 25 anos rexistramos o maior de toda Galicia, de magnitude 5,1 na escala de Richter. Segundo esa escala, destrúense determinadas construcións ríxidas. Nas escalas 6 e 7, as estruturas balancéanse e comezan a caer tabiques, destrúe moitas delas e mata xente. A nosa normativa obriga a calcular as estruturas dos edificios para sobrevivir a movementos de escala 6, pero cos maiores non se salvan, e cada punto da escala supón consecuencias imprevisibles.