Jéssica Bouzas renuncia a Bos Aires e adianta as súas vacacións

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

CEDIDA

A vilagarciá encarará nun mes o inicio da nova temporada, co Open de Australia outra vez coma primeira gran cita

28 nov 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Jéssica Bouzas Maneiro vén de vivir un intenso 2023, no que disputou 29 torneos, incluídos os catro grand slams e estreándose no cadro principal dun deles, o de Wimbledon. Con tanto desgaste, e a un mes de ter que voar ás antípodas para encarar o Open de Australia no inicio da temporada 2024, a vilagarciá optou por renunciar a participar no torneo de Bos Aires, o terceiro e último W 125 da súa xira sudamericana e gañar unha semana de descanso.