César Antonio Molina, escritor e ex ministro, Cunqueiriano de Honra este 2022

s. c. MONDOÑEDO/LA VOZ

MONDOÑEDO

CESAR QUIAN

O Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro elíxeno pola atención que lle dedicou á obra e á figura do escritor mindoniense

08 feb 2022 . Actualizado a las 22:09 h.

O escritor e ex ministro César Antonio Molina acaba de ser nomeado Cunqueiriano de Honra deste ano 2022 por unha comisión designada polo Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro. En vindeiras datas recibirá o seu nomeamento en Mondoñedo.

Esta distinción, instituída polo Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro, recoñece cada ano o labor de persoas ou entidades que se teñen significado na visibilización, promoción e estudo da vida e da obra do insigne escritor mindoniense.

A comisión que o elixiu estivo formada por César Cunqueiro (fillo do escritor), Rexina Vega (Cunqueiriana de Honra do ano anterior), Alberto García Fernández (concelleiro de Cultura, Educación e Novas Tecnoloxías), Antonio Reigosa (Cronista Oficial de Mondoñedo), Abel Vigo García (Técnico de Cultura municipal), Miguel González Somovilla (xornalista e estudoso da obra de Cunqueiro) e Armando Requeixo (Coordinador de Actividades e Publica cións da CMAC). Entre os valores salientados polos responsables da escolla están a ampla serie de antoloxías do periodismo cunqueiriano das que se responsabilizou, a edición e tradución da súa poesía, así como a publicación de ensaios, infinidade de artigos, con ferencias e capítulos de libros dedicados ao mindoniense, amais de iniciativas como a magna exposición sobre Cunqueiro que organizou o Círculo de Bellas Artes de Madrid en 2003 baixo a súa dirección ou o bautizo da Biblioteca do Instituto Cervantes de Damasco co nome do escritor mindoniense no ano 2006.