A estrada das Sinas renova o seu firme e contará con pasos de peóns elevados

La Voz VILANOVA / LA VOZ

AROUSA

Cargos da Deputación e o Concello visitaron onte as obras
Cargos da Deputación e o Concello visitaron onte as obras Martina Miser

A obra afecta a un tramo de 800 metros e ten cun orzamento de 200.000 euros

07 may 2024 . Actualizado a las 15:56 h.

A estrada provincial EP-9702 As Sinas-Vilanova está sendo obxecto dunha obra que redundará na mellora da seguridade viaria mediante unha intervención en 800 metros da vía. A actuación contempla a reparación da estrada mediante saneos e freado dunha franxa lateral da capa de rodadura existente, a aplicación dun tratamento superficial e a reposición do firme mediante a extensión dunha capa de formigón en quente. Ademais, executaranse pasos de peóns sobreelevados e repoñerase a sinalización horizontal e vertical.

A obra está financiada ao cen por cen pola Deputación de Pontevedra con 200.000 euros e este martes foi visitada pola deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, que percorreu un tramo da estrada xunto ao alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, e o concelleiro e tamén deputado provincial Javier Tourís.

Isabel Couselo falou da aposta da Deputación pola mellora das infraestruturas e lamentou que o Goberno de España «non teña realizado o mesmo traballo nas estradas nacionais que atravesan a provincia xa que a ausencia de mantemento nestas vías nos últimos anos vai implicar que para garantir a súa seguridade teña que realizarse un esforzo inversor moito maior», segundo informa a Deputación.